Entradas

Creamos coa cortadora láser un panel con polígonos

Imagen
  Alumnos e alumnas de 5º curso de educación primaria tiveron a oportunidade de experimentar coa nova cortadora láser do colexio. Esta ferramenta tecnolóxica permitíolles combinar a creatividade coa aprendizaxe de xeometría, dunha forma práctica e divertida. Os nen@s viron cal é o proceso para gravar calquera imaxe coa cortadora e aprenderon a respectar as normas de seguridade á hora de utilizar este aparello.

Os alumnos de 5º de Educación Primaria estrean o taller maker co kit de iniciación á electrónica Complubot

Imagen
  Esta semana, os alumnos de 5º de Educación Primaria viviron unha experiencia única e moi motivadora no seu primeiro proxecto no taller maker do cole. Con moita ilusión e a axuda da súa profe Isa, puideron aprender os primeiros conceptos de electrónica utilizando o kit de iniciación Complubot. Este kit permitiu aos nenos e nenas descubrir como funcionan os compoñentes básicos electrónicos, como son os sensores e os leds, e como conectalos para crear pequenos circuítos. Grazas a esta actividade práctica, os alumnos puideron aplicar os seus coñecementos de xeito creativo, experimentando e resolvendo pequenos retos técnicos. Tod@s quedaron encantados de poder construír o seu primeiro proxecto electrónico, o que lles animou a seguir explorando o mundo da tecnoloxía e a robótica. Sen dúbida, unha maneira fantástica de aprender facendo e de abrir portas a futuros makers!      

Explorando a creatividade cos Kapla: construcións e labirintos en Primeiro curso de Educación Primaria

Imagen
  Esta semana co material de Polos Creativo s, os nenos e nenas de Primeiro mergulláronse nunha actividade chea de imaxinación e colaboración utilizando o xogo Montessori de Kapla . Estes pequenos bloques de madeira, todos iguais en tamaño e forma, convertéronse nas pezas clave para dar vida a construcións incribles e labirintos cheos de recunchos máxicos. A proposta partía dunha pregunta sinxela: Que podemos construír se traballamos xuntos? A partir de aí, os equipos comezaron a deseñar espazos, torres, camiños e muros, empregando a súa creatividade, o pensamento espacial e a capacidade de traballo en grupo. Un xogo que constrúe máis ca estruturas O xogo con Kapla vai moito máis alá do entretemento. A actividade permitiulles desenvolver competencias como: A planificación : antes de colocar a primeira peza, moitos grupos fixeron planificacións previas e comentaron ideas. A cooperación : en cada equipo, os roles foron fluíndo de forma natural, compartindo ideas e axudándose ...

Construímos unha catapulta co Lego na aula de Educación Artística

Imagen
Na nosa aula de Educación Plástica, os nenos e as nenas de 4º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de traballar xuntos nun proxecto moi especial: a creación dunha catapulta utilizando o Lego Education BricQ . A actividade foi unha combinación perfecta de creatividade, aprendizaxe e traballo en equipo. A través da construción desta catapulta, os estudantes non só melloraron as súas habilidades manuales, senón que tamén aprenderon sobre conceptos básicos de física e mecánica. O obxectivo era conseguir que a catapulta lanzase un obxecto e o encaixase nunha canasta, levando á clase a comprender mellor os principios de lanzamento e ánxulos. A actividade non só foi divertida, senón que tamén serviu para reforzar a importancia do traballo en equipo e a resolución de problemas, competencias clave que estamos cultivando na aula. Ao final, a emoción foi palpable cando as catapultas finalmente fixeron funcionar a canasta, cunha combinación de precisión e esforzo colectivo. Sen dúbida,...

Explorando a creatividade e a enxeñaría co xogo KORBO nos Polos Creativos

Imagen
 O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria viviu unha experiencia moi especial nos Polos Creativos: traballaron co xogo KORBO , un recurso didáctico que combina diversión e aprendizaxe a través da construción con engrenaxes, palancas e cilindros. Durante as sesións, nenos e nenas convertéronse en pequenos enxeñeiros e enxeñeiras, experimentando co movemento, a forza e o equilibrio. As pezas do KORBO permitíronlles deseñar estruturas dinámicas, onde cada engrenaxe e cada cilindro formaban parte dun mecanismo que cobraba vida cando se poñía en movemento. Ademais de fomentar a creatividade e a imaxinación, esta actividade axudoulles a desenvolver o pensamento lóxico, o traballo en equipo e a capacidade para resolver problemas de forma lúdica e participativa. Foi unha xornada chea de ilusión, aprendizaxes e descubrimentos, onde a curiosidade guiou cada construción. Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora que deixou aos máis pequenos con gañas de seguir creando e experimentando....

Un recuncho para os Polos Creativos no CEIP Alfredo Brañas no curso 24/25

Imagen
  Este curso 2024-2025, no CEIP Alfredo Brañas, creouse un pequeno pero especial recuncho que está a dar moita vida ao centro. Trátase dun espazo adicado ao material de Polos Creativos. Este recuncho nace coa intención de ofrecer aos nosos nen@s un espazo onde poidan experimentar con todo o material que chegou ao colexio. Disfrutar da impresión 3D, a cortadora láser, as placas Makey Makey ou os pequenos robots. Vídeo do Recuncho:

Unha cara de Rosalía en 3D na aula de Educación Artística

Imagen
  Os nenos e as nenas de 4º de Educación Primaria do CEIP Alfredo Brañas tiveron a oportunidade de mergullarse na historia e na arte dunha maneira única grazas á impresora 3D no centro. Durante a clase de Educación Artística, levaron a cabo un proxecto moi especial: crear un imán cunha cara de Rosalía de Castro, a ilustre escritora galega. O resultado foi unha serie de imáns co retrato da escritora. No seguinte vídeo podemos ver parte do proceso de impresión en 3D.

A impresión 3D dunha pandeireta para o Día das Letras Galegas no CEIP Alfredo Brañas

Imagen
        Este ano, no CEIP Alfredo Brañas, os nenos e nenas de 3º de educación primaria prepararon unha actividade ben especial para celebrar o Día das Letras Galegas. A súa proposta foi rendir homenaxe á nosa cultura e tradicicións, levando a cabo un proxecto de imprensión 3D no que recrearon unha das ferramentas máis características da música tradicional galega: a pandeireta . Os pequenos tiveron a oportunidade de combinar creatividade e tecnoloxía, facendo uso da impresora 3D para materializar o deseño. Este proceso permitiu aos nen@s comprender non só a importancia do Día das Letras Galegas, senón tamén as vantaxes e posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías no mundo da creación artística e cultural. O resultado final foi unha serie de pandeiretas que representan a unión entre a tradición musical galega e a innovación no uso das novas tecnoloxías. Foi unha oportunidade para que os rapaces aprendesen sobre o valor do noso patrimonio cultural, a importancia...

Os nenos e nenas de 5 anos imprimiron coa axuda da súa mestra Aloia uns chaveiros moi chulos cos seus nomes

  IMPRIMIMOS CHAVEIROS COS NOSOS NOMES Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha secuencia didáctica en torno á impresora 3D. Cal era o resultado final que querían lograr? Imprimir un chaveiro co seu nome, escrito por cada un deles, e para iso tiveron que seguir unha serie de pasos. O primeiro que fixeron na aula foi coñecer a impresora 3D, explicar as súas partes, falar sobre as dimensións, comprender e ver as diferencias entre obxectos de dúas e tres dimensións, ver cómo imprimía e os resultados que daba... Despois puxéronse mans á obra, tiveron que practicar moito escribindo en papel para que o seu nome quedase súper ben feitiño e poder pasalo a tres dimensións e imprimilo. Unha vez o tiñan listo practicaron a escribir o seu nome na pantalla coa aplicación Doodle 3D, onde todo o que escribes ou debuxas convertese automaticamente a tres dimensións. Despois no Ipad, onde teñen máis precisión, e con esa mesma aplicación crearon e gardaron eles mesmos os arquivos. O seguinte p...

USO DO CROMA NO COLEXIO

 Os nen@s do Colexio probamos a gravar vídeos diante dun Croma verde para despois añadirlle imaxes de fondo. No primeiro dos vídeos os nen@s falan de onde lles gustaría vivir e no segundo vídeo lemos sobre a historia do rock con imaxes de fondo dos artistas famosos da historia deste xénero musical.