Os nenos e nenas de 5 anos imprimiron coa axuda da súa mestra Aloia uns chaveiros moi chulos cos seus nomes
IMPRIMIMOS CHAVEIROS COS NOSOS NOMES
Os
nenos e nenas de 5 anos fixeron unha secuencia didáctica en torno á impresora
3D. Cal era o resultado final que querían lograr? Imprimir un chaveiro co seu
nome, escrito por cada un deles, e para iso tiveron que seguir unha serie de
pasos.
O primeiro que fixeron na aula foi coñecer a impresora 3D, explicar as súas partes, falar sobre as dimensións, comprender e ver as diferencias entre obxectos de dúas e tres dimensións, ver cómo imprimía e os resultados que daba...
Despois puxéronse mans á obra, tiveron que practicar moito escribindo en papel para que o seu nome quedase súper ben feitiño e poder pasalo a tres dimensións e imprimilo.
Unha
vez o tiñan listo practicaron a escribir o seu nome na pantalla coa aplicación
Doodle 3D, onde todo o que escribes ou debuxas convertese automaticamente a
tres dimensións. Despois no Ipad, onde teñen máis precisión, e con esa mesma
aplicación crearon e gardaron eles mesmos os arquivos.
O
seguinte paso foi empregar a aplicación do Tinkercad para elaborar a base do
chaveiro co seu nome superposto, para iso tiveron unha pequena axuda da profe,
xa que son programas de deseño complexos, exportouse o arquivo, gardouse nunha
memoria externa e... directo á impresora!
O
resultado foi espectacular, eles quedaron abraiados e xa podedes imaxinar a
expectación durante todo o proceso de impresión.
Todo
un proceso de sorpresas, motivación e aprendizaxe.
VIDEO-MONTAXE DO PROCESO:
Comentarios
Publicar un comentario