Os alumnos de 5º de Educación Primaria estrean o taller maker co kit de iniciación á electrónica Complubot
Esta semana, os alumnos de 5º de Educación Primaria viviron unha experiencia única e moi motivadora no seu primeiro proxecto no taller maker do cole. Con moita ilusión e a axuda da súa profe Isa, puideron aprender os primeiros conceptos de electrónica utilizando o kit de iniciación Complubot.
Este kit permitiu aos nenos e nenas descubrir como funcionan os compoñentes básicos electrónicos, como son os sensores e os leds, e como conectalos para crear pequenos circuítos. Grazas a esta actividade práctica, os alumnos puideron aplicar os seus coñecementos de xeito creativo, experimentando e resolvendo pequenos retos técnicos.
Tod@s quedaron encantados de poder construír o seu primeiro proxecto electrónico, o que lles animou a seguir explorando o mundo da tecnoloxía e a robótica.
Sen dúbida, unha maneira fantástica de aprender facendo e de abrir portas a futuros makers!
Comentarios
Publicar un comentario