A impresión 3D dunha pandeireta para o Día das Letras Galegas no CEIP Alfredo Brañas
Este ano, no CEIP Alfredo Brañas, os nenos e nenas de 3º de educación primaria prepararon unha actividade ben especial para celebrar o Día das Letras Galegas. A súa proposta foi rendir homenaxe á nosa cultura e tradicicións, levando a cabo un proxecto de imprensión 3D no que recrearon unha das ferramentas máis características da música tradicional galega: a pandeireta.
Os pequenos tiveron a oportunidade de combinar creatividade e tecnoloxía, facendo uso da impresora 3D para materializar o deseño. Este proceso permitiu aos nen@s comprender non só a importancia do Día das Letras Galegas, senón tamén as vantaxes e posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías no mundo da creación artística e cultural.
O resultado final foi unha serie de pandeiretas que representan a unión entre a tradición musical galega e a innovación no uso das novas tecnoloxías.
Foi unha oportunidade para que os rapaces aprendesen sobre o valor do noso patrimonio cultural, a importancia das festas e os símbolos que nos representan, ao mesmo tempo que se familiarizaban coas técnicas de fabricación dixital.
Neste vídeo podemos ver unha parte da actividade.
Comentarios
Publicar un comentario