Un recuncho para os Polos Creativos no CEIP Alfredo Brañas no curso 24/25
Este curso 2024-2025, no CEIP Alfredo Brañas, creouse un pequeno pero especial recuncho que está a dar moita vida ao centro. Trátase dun espazo adicado ao material de Polos Creativos.
Este recuncho nace coa intención de ofrecer aos nosos nen@s un espazo onde poidan experimentar con todo o material que chegou ao colexio. Disfrutar da impresión 3D, a cortadora láser, as placas Makey Makey ou os pequenos robots.
Vídeo do Recuncho:
Comentarios
Publicar un comentario